CRTVG

Buscar

Bos días

Protestas na Arxentina contra a decisión de Macri de pedir axuda financeira ao FMI

Publicado o 10/05/2018 09:42
O ministro de Facenda arxentino reúnese hoxe en Washigton coa presidenta do FMI para negociar a axuda financeira que palíe a caída do peso.

A decisión de Macri de pedir o rescate fixo que miles de cidadáns saíran á rúa para protestar nos arredores do Congreso.
Na mobilización expresaron tamén o seu rexeitamento á suba nos impostos de servizos básicos. O goberno arxentino precisa un crédito de entre 20 mil e 30 mil millóns de dólares despois de que o peso caera a mínimos históricos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

10/05/2018