Protestas en Galicia para salvar a hostalería
Publicado o 03/11/2020 14:59
Cazola en man, os hostaleiros reclaman axudas para poder seguir coa súa actividade. Pero non só protestaron hostaleiros. Outros sectores, como o do ocio nocturno, a cultura e mesmo os provedores, tamén apoian unha reivindicación que lles afecta.
Toca reinventarse para poder sobrevivir. Adiantar horarios de ceas, facer sesións vermú ou mesmo levarlle a comida á casa. Todo para evitar o peche.
En Pontevedra as protestas celebráronse con cazolada e peche de locais. Porén, non todos puideron secundala.
As protestas tamén se sucederon noutros puntos do territorio galego. Na Coruña, cunha multitudinaria concentración para poder salvar a hostalaría nun momento tan duro coma este.