CRTVG

Buscar

Traballadores e auxiliares defenden Ence en Madrid

Publicado o 07/11/2019 21:11

A caravana dos traballadores de Ence chegou a Madrid. Alí manifestáronse dende a sede do PSOE ata o Congreso cunha mensaxe clara: reclaman a continuidade da planta de Pontevedra, da que viven arredor de 5.000 familias. Aseguran que Ence é unha empresa ecolóxica que cumpre os parámetros ambientais. 

Arsenio é un dos 300 condutores que achegaron onte o seu camión ou vehículo auxiliar a Madrid para pedir que non peche ENCE. Para el sería o caos. Investiu 250.000 euros no camión. Ten cama e tele na cabina e aquí bota seis días á semana. Teme polo seu traballlo, o mesmo que as 5.000 familias que dependen da factoría. Por iso están hoxe en Madrid, manifestándose no Congreso para que se escoite a voz dos traballadores de ENCE, dos transportistas, estibadores e empresas auxiliares.

A manifestación foi dende Ferraz ao Congreso. Defenden que ENCE Pontevedra non dana o medio, que é unha fábrica ecolóxica e sostible.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019