CRTVG

Buscar

Protestas do comercio lugués ante o peche do aparcadoiro de Ánxel Fole

Publicado o 16/09/2019 21:50

Comerciantes da zona vella de Lugo protestan polo peche dun dos aparcadoiros do centro da cidade. Cren que a súa desaparición suporá un duro golpe para a actividade comercial e lembran que non está previsto crear outro aparcadoiro nunha zona onde escasean as prazas. O peche débese a que o aparcadoiro está en situación ilegal, pero os comerciantes cren que hai vías xurídicas para mantelo aberto.

O aparcadoiro de Ánxel Fole, na rúa luguesa do Teatro, vai pechar a finais de outubro. Unha decisión da alcaldía, baseada nun informe xurídico, establece que o parking non cumpre coa normativa legal e por eso ordena clausuralo. Os comerciantes da zona opóñense o peche porque din que o aparcadoiro é un dos máis utilizados da cidade e que, de non poder contar con el, perderían moitos clientes e os seus negocios estarían en risco. Por eso, piden que se estuden as posibilidades legais para que siga aberto e que non se execute a orde de peche ata que haxa alternativas para o estacionamento e o movemento de persoas na zona.

"Para o comercio sería un desastre porque este é o aparcadoiro que máis se utiliza cando se veñen facer compras á zona vella da cidade".

Os comerciantes lembran que o de Ánxel Fole é o aparcadoiro con mellores accesos e coas prazas máis espazosas de toda a parte vella de Lugo e que a súa actividade está contemplada no plan especial de protección. Por iso, piden que se abra un diálogo cos propietarios para chegar a un acordo que beneficie e a todos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/09/2019