CRTVG

Buscar

Protesta na Lama contra as agresións a funcionarios de prisións

Publicado o 04/06/2021 13:28
Protesta na Lama contra as agresións a funcionarios de prisións

Os funcionarios do cárcere da Lama reclaman máis persoal e medios para evitar agresións como a acontecida o martes.

Esta mañá concentráronse ás portas do centro penitenciario para expresar a súa repulsa por estes feitos e solidarizarse con tres compañeiros que sufriron feridas de diversa consideración a mans dun recluso cunha patoloxía psiquiátrica.

Os sindicatos denuncian as repetidas agresións das que son obxecto os funcionarios e consideran que a situación no cárcere da Lama é insostible.

Noticias web

04/06/2021