CRTVG

Buscar

Protesta na Coruña contra a suba da luz

Publicado o 21/06/2021 21:07

Este luns houbo novas protestas contra a suba da luz. A asociación A Esperta celebra arestora unha concentración na Coruña. Elixiron o barrio da Agra do Orzán, unha das zonas coa renda máis baixa da cidade, para protestar contra un custo da enerxía inasumible para moitas familias.

Os convocantes demandan a creación dunha compañía pública de electricidade e que o Estado non permita a especulación cos prezos.

Noticias web

21/06/2021