Protesta multitudinaria no concello de Xove en apoio aos traballadores e o futuro de Alcoa en San Cibrao
Publicado o 06/06/2020 18:14
• Os traballadores de Alu Ibérica esíxenlle ao Goberno que interveña a empresa
• A Xunta pídelle ao Goberno que deixe as escusas e busque solucións para Alcoa
Empresas e comerciantes de Xove maniféstanse en apoio aos traballadores de Alcoa San Cibrao. Unha protesta multitudinaria que amosa a preocupación de toda unha comarca polo efecto dominó que poidan ter os despedimentos anunciados pola fábrica de alumnio noutros sectores da Mariña.