CRTVG

Buscar

Protesta en Francia contra o confinamento domiciliario

Publicado o 30/10/2020 08:27

Ao redor de duascentas persoas manifestáronse en París contra o peche nacional que decidiu o Goberno para frear a pandemia.

Os manifestantes percorreron varías rúas, entre berros de liberdade, tirando colectores de lixo e golpeando escaparates.

Quéixanse de ter que estar na casa, como establece o toque de recollida, e tachan a medida de totalitarista. 

Desde hoxe, 46 millóns de franceses deberán permanecer na casa desde as nove da noite ata as seis da mañá, a non ser que teñan motivos xustificados para saír, como obrigas laborais ou necesidade de asistencia sanitaria.

Noticias web

30/10/2020