CRTVG

Buscar

Protesta dos traballadores públicos contra o "abuso da temporalidade" e a reforma do EBEP

Publicado o 18/06/2021 21:16

A xornada de folga dos traballadores temporais e interinos das administracións públicas de toda España rematou con manifestacións. A que ven é a de Santiago. Protestan polo que consideran un abuso da temporalidade nas contratacións e tamén pola reforma do Estatuto Básico do Empregado Público que promove o Goberno e que, segundo din, non lles dará solución aos traballadores que levan décadas con contratos temporais. Calculan que nesta situación hai 24.000 empregados en Galicia e 800.000 no conxunto de España.

Noticias web

18/06/2021