CRTVG

Buscar

Protesta dos rañeiros de Cabo de Cruz pola sanción que os obriga a empezar máis tarde a traballar

Publicado o 03/08/2020 14:40

Protesta dos mariscadores en embarcación, os chamados rañeiros, de Cabo de Cruz, no concello de Boiro. Desde hoxe teñen que atrasar unha hora o inicio do seu labor diario pola sanción coa que rematou o seu enfrontamento cos mariscadores de a pé, que os acusaban de invadir o seu terreo. Os rañeiros negan que fose así, piden a mediación da Consellería de Pesca no conflito e advirten do risco de que o conflito se enquiste.

 

Noticias web

03/08/2020