Protesta de Vox contra o estado de alarma en Madrid
Publicado o 12/10/2020 14:18
Centos de coches percorreron a paseo da Castellana de Madrid, convocados por Vox, para protestar contra o estado de alarma na capital.
A manifestación non foi comunicada á Delegación do Goberno pero aínda así despregouse un dispositivo especial da Policía para evitar incidentes. Houbo concentracións similares noutras cidades como Sevilla ou Barcelona.
O líder de Vox, Santiago Abascal, anunciou este luns a presentación dunha denuncia ante o que califica de "estado policial ilegal", polos controis ordendor por Interior antes da entrada en vigor do estado de alarma.