Protesta de traballadores públicos temporais en Santiago contra a precariedade laboral
Publicado o 04/07/2020 14:54
En Santiago, traballadores temporais pertencentes a diversos ámbitos da Administración pública participaron nunha cadea humana para reclamar a condición de fixos nos seus postos de traballo. Protestaban pola precariedade laboral que, segundo din, levan anos sufrindo.