CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Próteses impresas en 3D para implantes maxilofaciais

Publicado o 14/09/2018 14:57

A impresión en 3D emprégase cada vez máis en aplicacións médicas. Esta ferramenta abre un mundo de posibilidades na cirurxía, e xa se están a implantar próteses realizadas con esta tecnoloxía. Contámoslles os avances en cirurxía maxilofacial.

Poder realizar intervencións máis precisas e a medida. Iso é, en resumo, o que permite a impresión 3D aplicada á cirurxía oral e maxilofacial. Por un lado, para ter un modelo exactamente igual á mandíbula do paciente e poder preparar a operación. Pero tamén para construír unha prótese personalizada.

Deformidades craniofaciais ou reconstrucións en pacientes oncolóxicos son algunhas das aplicacións desta técnica. Este cirurxián, pioneiro en España, defende a súa xeneralización á sanidade pública. Di que o custo, de entre 5.000 e 7.000 euros, compensa porque permite operacións máis rápidas e aforro de tempo de postoperatorio e hospitalización.

Engade que ademais esta ferramenta permite que o paciente entenda mellor, con antelación, o tipo de intervención á que vai ser sometido, e o resultado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí