CRTVG

Buscar

A tiros coa avespa asiática

Publicado o 13/09/2017 13:45

Voluntarios de Protección de Cambre fixéronse cunhas armas importadas dos Estados Unidos que disparan como munición doses dun cóctel de insecticidas

Tras retirar centos de niños de avespa asiática, en Protección Civil de Cambre púxeronse mans ao asunto e decidiron buscar un modo máis efectivo co que chegar sobre todo ás colmeas situadas en árbores moi altas. Recorreron a Internet e tras buscar incansablemente atoparon isto. Son armas que disparan balas que enchen de insecticidas empregados na agricultura ecolóxica, que non contaminan o ambiente e con cascos de plástico biodegradables.

O produto é unha mestura de frutosa e de substancias, ás veces un fungo, que fai que tras uns días o niño caia, coas avespas mortas. 

Aseguran que hai un problema engadido para erradicar a asiática, a ausencia de inverno. Isto supón que estean presentes case todo o ano e accedan a lugares cada vez máis insospeitados. Atoparon niños mesmo nunha casa dentro dunha caixa de zapatos. Este que vemos, penduraba da porta dun panteón.

Están máis que satisfeitos co emprego destas armas. É rápido e efectivo. Simplemente precisan duns seis mil euros, que é o custo das armas e ter boa puntería. Neste caso o concello de Cambre foi quen de subministrarlle a dotación económica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2017