CRTVG

Buscar

Protección Civil axuda os máis vulnerables nas necesidades básicas

Publicado o 04/04/2020 14:49

O labor de Protección Civil resulta de vital importancia para as persoas máis vulnerables, que non poden saír da casa nin para facer a compra. Nútrese de voluntarios que se desprazan alí onde reclaman a súa axuda.

A primeira hora da mañá, os voluntarios de Protección Civil de Ourense reúnense na base de operacións.

Aquí reciben instrucións. Organízanse por zonas e por tarefas, equipados con máscaras e luvas.

A primeira parada é no comedor social de Cáritas, onde xa reparten 400 menús ao día, case o dobre do habitual. Protección Civil encárgase de lles achegar os menús aos que non se poden desprazar ata o comedor, un número que tamén aumenta cada día. Hoxe son 21.

Un labor indispensable tamén no rural, onde Protección Civil aborda desde a desinfección das rúas a servizos básicos para a cidadanía: submnistración de medicinas e alimentos.

As instrucións recíbenas da Concellería de Asuntos Sociais, a onde os cidadáns teñen que dirixirse para solicitar axuda.

Noticias web

04/04/2020