Protección Civil alerta por temperaturas baixas e xeadas en boa parte da Península
Publicado o 11/01/2019 08:18
A Axencia Estatal de Meteoroloxía prevé para hoxe temperaturas mínimas baixas con xeadas intensas no interior da Península. Protección Civil lanzou onte unha alerta ante a posibilidade de que se acadasen 5 graos baixo cero nas mesetas e sistemas montañosos e ata dez graos baixo cero en zonas de Guadalaxara ou Lleida. En Madrid, o lago da Casa de Campo conxelouse parcialmente.