CRTVG

Buscar

Prorrógase durante un ano a validez dos DNI que caduquen a partir da declaración do estado de alarma

Publicado o 18/03/2020 14:58
Prorrógase durante un ano a validez dos DNI que caduquen a partir da declaración do estado de alarma

O Goberno acordou hoxe prorrogar un ano a vixencia dos Documentos Nacional de Identidade (DNI) que caduquen a partir da declaración do estado de alarma decretado pola pandemia do coronavirus o pasado sábado 14 de marzo.

Así o decidiu o Consello de Ministros, que lembra que esta medida vén recollida no Real Decreto-Lei de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 e que hoxe foi aprobado polo Executivo de Pedro Sánchez.

Deste xeito, os DNI que caduquen a partir desa data quedan prorrogados ata o 13 de marzo de 2021.
Esta prórroga, segundo figura no decreto, permitirá que poidan renovarse, conforme ao procedemento actual, os certificados recoñecidos incorporados ao DNI en igual período.