CRTVG

Buscar

Prorróganse por terceiro exercicio consecutivo os presupostos de Montoro

Publicado o 30/12/2019 19:48
Prorróganse por terceiro exercicio consecutivo os presupostos de Montoro

A incerteza política fará que España continúe coas mesmas contas públicas por terceiro exercicio consecutivo.

Mentres non se forme un goberno que poida presentar e aprobar uns novos orzamentos do Estado, volven prorrogarse automaticamente os últimos que sacou adiante o Goberno de Mariano Rajoy. É a cuarta vez en cinco anos que se prorrogan os presupostos, a oitava en democracia.

O Executivo en funcións pospón ata ter novos orzamentos a suba das pensións e do salario dos funcionarios.

Noticias web

30/12/2019