CRTVG

Buscar

Prorrogan a prisión provisional do Chicle mentres se resolve o recurso contra a sentenza

Publicado o 27/01/2020 21:09
Prorrogan a prisión provisional do Chicle mentres se resolve o recurso contra a sentenza

A Audiencia Provincial da Coruña decidiu prorrogar ata un máximo de 15 anos a prisión provisional a José Enrique Abuín Gey, o Chicle, en relación o asasinato de Diana Quer.

Esta prórroga ten como finalidade que continúe en prisión mentres se resolve o recurso presentado pola súa avogada contra a sentenza condenatoria, que foi admitado a trámite.

A condena a prisión permanente revisable que a Audiencia ditou para o Chicle o pasado mes de decembro aínda non é firme.

Noticias web

27/01/2020