CRTVG

Buscar

A UE aconsella relaxar as restricións entre persoas vacinadas

Publicado o 22/04/2021 14:30

O Centro Europeo para a Prevención e o Control de Enfermidades proponlles aos estados membros da UE como ir relaxando as medidas. Sinala que nos encontros entre persoas coa vacinación completa se poida prescindir da máscara e a distancia social e que isto se pode facer tamén entre persoas vacinadas que convivan con outras que non o están, sempre que non existan factores de risco.

"Eu creo que son as medidas máis acertadas. Ir liberando pouco a pouco o uso da máscara, que a moitos lle molesta bastante, naquelas circunstancias en que é posible", opina Juan Gestal, catedrático de Medicina Preventiva.

A proposta de relaxar o uso da máscara entre vacinados xera desconcerto na rúa. Moitos cren que é unha idea precipitada, ao considerar que as porcentaxes de vacinación aínda son baixas.

A Axencia Europea propón tamén que as probas ou corentenas aos viaxeiros se levanten ou modifiquen no caso de persoas vacinadas, unha idea con mellor acollida na rúa.
 
Con todo, son só recomendacións, e subliñan que en espazos públicos e reunións multitudinarias se deben manter as medidas actuais de control.

Noticias web

22/04/2021