CRTVG

Buscar

Propósitos do novo curso: máis deporte ao aire libre

Publicado o 15/09/2020 21:21

Con setembro chega a volta á rutina e os bos propósitos de cara ao outono, entre eles facer máis deporte. 
Neste ximnasio de Vigo aproveitan a terraza que os rodea para facer parte das clases ao aire libre. Unha opción moi ben acollida nesta época xa que permite manter as distancias e non hai problemas de ventilación. Os ximnasios notaron un importante descenso de usuarios coa pandemia, que agora tratan de recuperar cara ao outono.

Os parques son agora auténticos espazos deportivos onde se dan clases e se organizan adestramentos de clubs, coma este de voleibol. Polo momento non poden usar os polideportivos e aseguran que o exercicio ao aire libre lles dá seguridade.
Estes deportistas ademais detacan os beneficios para a saúde física e mental de estar en contacto coa natureza.
 

Noticias web

15/09/2020