Propoñen sancionar 7 persoas que aparecen no polémico vídeo dunha festa nun bar de Carballo
Publicado o 25/11/2020 14:37
Seguro que lembran un polémico vídeo gravado hai tres semanas nun bar de Carballo, onde varias persoas bailaban e cantaban sen máscara e sen manter a distancia de seguridade.
A Policía Local xa identificou sete persoas que aparecen nas imaxes e propón sancionalas precisamente por incumprir estas normas de protección ante o coronavirus. Ademais, ábreselle un expediente sancionador ao local pola responsabilidade que poida ter no control da ocupación máxima e do cumprimento das normas.