CRTVG

Buscar

Medio cento de asociacións apoian a candidatura de Lugo Capital Gastronómica

Publicado o 23/03/2021 14:08

Hai máis dunha década que a gastronomía luguesa se promove detrás da campaña 'E para comer Lugo'. A consigna popularizou a cociña local e a calidade das súas materias primas, converténdose nun dos sinais de identidade da provincia. Agora queren dar un paso máis e converter Lugo na capital gastronómica de 2022.

"Agora vemos a transversalidade e a cadea de valor que ten a hostalería, é un bo momento para pegar ese impulso logo deste ano horroroso", di Cheché Real, presidente da Asociación provincial de Hostalería.

A cidade xa se postulaba no 2013 para esta candidatura que agora volve lanzar o grupo municipal do Partido Popular.

"É un recoñecemento o traballo na difusión do turismo gastronómico, da defensa da cociña tradicional e da aposta polos produtos agroalimentarios, e Lugo reúne eses requisitos", Ramón Carballo, voceiro municipal do Partido Popular.

Xa conta co apoio de medio cento de asociacións locais, todos cren que será un revulsivo económico e turístico para a cidade.

"E moi importante polo que conleva en ingresos, agora temos que apoiar a hostalería e a restauración", Fernando Rois da Federación das asociacións de veciños.

De acadar o galardón seguiría o camiño doutras cidades como Murcia, Almería ou Vitoria.

 

Noticias web

23/03/2021