CRTVG

Buscar

Propoñen multa dun millón de euros para o Concello de San Cibrao por verteduras

Publicado o 17/08/2021 13:56
Propoñen multa dun millón de euros para o Concello de San Cibrao por verteduras

Web do Consello de San Cibrao

            EFE   
 

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil propuxo unha sanción dun millón de euros contra o Concello de San Cibrao, en Ourense, por reiteradas verteduras rexistradas neste termo municipal entre os anos 2018 e 2020, denunciados polos colectivos ambientais Amigos da Terra e a plataforma Ríos Limpos.  

Nun comunicado remitido aos medios, Amigos da Terra valorou esta proposta de resolución do expediente tras unha unha longa lista de incumprimentos por parte deste Concello, que, nos últimos dez anos, sumou máis de dez expedientes condenatorios, dos cales, destacou unha sanción que superou os 114.000 euros por unhas verteduras realizadas en marzo de 2010.

Neste caso, a proposta pasa por unha indemnización dun millón de euros polos danos valorados en 184.745,68 euros, na meirande parte, verteduras de deterxentes, tratándose ademais dunha autorización de vertedura do ano 2004, xa transgredida polo consistorio en múltiples ocasións. En total, a Confederación detectou dezaoito verteduras desde xuño de 2018 ata xaneiro de 2020.  

Para Amigos da Terra, neste caso concorren as circunstancias agravantes de transcendencia en relación coa seguridade de persoas e bens ao tratarse dunha zona protexida e acusou o Concello de infrinxir de forma reiterada a legalidade.  

 

Noticias web

17/08/2021