CRTVG

Buscar

Propoñen hibernar abellas para loitar contra o cambio climático e salvar o sector

Publicado o 14/03/2019 16:26

Os apicultores e a Asociación Forestal Galega estudan hibernar abellas para loitar contra o cambio climático, a vespa velutina e pragas como a barroa.

Son os tres factores que están minguando a cabana e a produción apícola, e a previsión é que o quentamento global e os fenómenos atmosféricos extremos e fóra de temporada van empeorar. Os apicultores propoñen hibernar as abellas en salas pechadas e a temperatura constante.

O proxecto, en fase de ensaio, posibilitaría defendelas da velutina e tratalas contra a barroa cando non hai crías dentro das colmeas. Os apicultores activarían os enxames en época de floración e cando o clima lles permita traballar.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2019