CRTVG

Buscar

Propoñen converter en compostaxe as algas de Arribazón

Publicado o 14/12/2018 21:29

Nas praias galegas acumúlanse toneladas de algas en determinadas épocas do ano, especialmente entre a primavera e o outono. O fenómeno causa perdas millonarias na pesca e no marisqueo.

Morre o molusco adulto e as larvas non prenden na area, o que significa que na seguinte campaña tampouco vai haber marisco Malia que tradicionalmente estas algas se usaban para abonar pequenos terreos, en Galicia nunca se fixo dun xeito global, a grande escala. É o que propón agora o proxecto Gestalgar, que presentaron hoxe Intacta Gestión Ambiental e o Centro Tecnolóxico do Mar.

O proxecto non é doado, xa que retirar a arribazón e moi laborioso. Gestalgar estuda crear maquinaria específica e obter rendibilidade coa venda dos productos derivados das algas, que pasarían de ser un residuo a converterse materia prima.
 

Noticias web

14/12/2018