CRTVG

Buscar

Donos de 'leira-aparcadoiros' de Cangas protestan polas restricións nas praias

Publicado o 28/06/2020 18:00

A decisión do Concello de Cangas de restrinxir o acceso rodado á maioría das praias da localidade aos non residentes na vila non convence a todos. A protesta máis recente é a dos donos dos máis de 20 leira-aparcadoiros que hai nas praias máis rurais e que poden dan servizo a preto de 3.200 vehículos diarios e a unhas 9.700 persoas cumprindo as normas de seguridade.

Os usuarios das paradisíacas praias de Cangas aparcaban ata o de agora en leira-aparcadoiros coma este de Pinténs. Os seus propietarios son autónomos, pagan o IAE, a Seguridade Social e seguros. Para moitos deles este é un ingreso moi importante que lles axuda a mellorar a súa economía. Só cos usuarios locais non lles dá para vivir. 

Consideran ademais que restrinxir os vehículos dá mala imaxe de Cangas, prexudica os quioscos de praia e pode ter efectos contraproducentes ao facer que a xente se cruce máis.

A Asociación de Veciños de Viñó, que apoia os leira-aparcadoiros fixo un cálculo que concluíu que nas zonas de Nerga e O Hío poderían acceder cumprindo as novas normas de seguridade preto de 3.200 vehículos e preto de 9.700 persoas.

Noticias web

28/06/2020