CRTVG

Buscar

Promulgada a lei para unhas novas eleccións xerais en Bolivia

Publicado o 24/11/2019 20:04

A autoproclamada presidenta interina de Bolivia promulgou a lei para unhas novas eleccións xerais no país. A lei foi aprobada onte por unanimidade das cámaras.

Os comicios, dos que queda excluído o ex-mandatario Evo Morales, asilado en México, aínda non teñen data, pero espéranse para principios do ano que vén.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/11/2019