CRTVG

Buscar

Promoven unha solución web para loitar contra o covid-19 desde San Xoán de Río

Publicado o 21/03/2020 22:38

O concello de Río, un municipio de montaña cunha idade media que supera os 62 anos, quería controlar o censo de emigrantes retornados desde zonas de risco.

Xosé Miguel Pérez Blecua, alcalde de Río: "De Madrid, do País Vasco, de Cataluña... que teñen aquí a segunda residencia, e dado a cantidade de xente maior que hai aquí e o virus, que pega sobre todo nesta idade, queriamos tomar solucións".
Desde unha pequena aldea do concello ourensán de San Xoán de Río chegou ao Ministerio do Interior unha proposta de Big Data para loitar contra o coronavirus. Baséase en envorcar os datos de todos os cidadáns para levar un control exhaustivo da evolución da pandemia e poder, así, priorizar os focos de actuación máis urxentes.

E recorreu ao seu maior especialista en software, Juan Carlos, que, malia estar asentado en Noruega, desde onde traballa para empresas e institucións internacionais, pasa o confinamento na aldea familiar de Río. A súa proposta traspasou o concello de Río e chegou ata o Ministerio do interior: unha solución web para facer seguimento cidadán a cidadán: "Temos unha primeira interface co DNI do cidadán, e o segundo paso é un autodiagnóstico: temperatura, síntomas... o que Sanidade considere".

A envorca de datos faríase a través da páxina do ministerio, para evitar a interferencia de empresas con intereses espurios. Tamén incluiría o lugar de residencia de cada cidadán durante a corentena e a opción de rexistrar movementos.

Juan Carlos Pérez, experto en análise dixital de datos: "Onde están hoxe, en que domicilio están pasando a corentena os cidadáns españois con DNI e como se atopan hoxe".

E vai máis alá. Na súa proposta insta a Administración a aproveitar a experiencia e a infraestrutura na organización de procesos electorais para axilizar as analíticas do coronavirus.

Noticias web

21/03/2020