CRTVG

Buscar

Promoven un 'Amazon galego' que beneficiaría uns 38.000 negocios

Publicado o 04/02/2021 14:41

A pandemia mudou por completo os nosos hábitos. Tamén os das compras, algo que notan, e moito, os pequenos comercios galegos. Algúns decatáronse de que a venda en liña podería ser vital para a súa supervivencia.

Cada vez son máis, e por iso a Federación Galega de Comercio aposta por crear un 'Amazon galego': unha gran plataforma de venda electrónica que podería agrupar máis de 38.000 negocios.

Calculan que as vendas poderían medrar un 30 por cento e que sería máis doado competir coas grandes plataformas. Os comerciantes ven con bos ollos esta nova ferramenta.

Esta plataforma procuraría xuntar todas as xa existentes a nivel local ou provincial para que o noso comercio de barrio poida gañar forza e superar o difícil momento que atravesa.

Noticias web

04/02/2021