Promoven a incorporación das pemes á Estratexia de optimización loxística de Galicia
Publicado o 13/12/2019 14:51
A Estratexia de optimización loxística de Galicia pretende contar coa participación das empresas pequenas e medianas. O Clúster da Loxística organizou unha xornada con empresarios para que se sumen ás iniciativas acordadas coa Consellería de Industria para optimizar a xestión e o transporte das mercadorías.
Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria: "Imos promover centros de servizo ao transporte por estrada en Galicia; imos impulsar unha plataforma dixital que lles permita establecer encargos loxísticos ás empresas para que poidan transportar dunha forma competitiva os seus produtos".