CRTVG

Buscar

Proliferación de 'botellóns' e aglomeracións nas rúas de Lugo na fin de semana

Publicado o 13/09/2021 14:16

Carteis informativos e precintos policiais nos puntos onde os mozos adoitan facer botellón tratan de disuadir estas prácticas pero semella non ser a solución. Os mozos buscan lugares alternativos e os botellóns son unha constante nas fins de semana en Lugo.

"Delimítanse certas zonas para evitar os botellóns pero unha parte dos rapaces busca alternativas e o noso labor é buscar eses sitios", sinala Manuel Arias, voceiro da Policía Nacional de Lugo.

Entre tanto xorden as queixas veciñais porque os botellóns xeran ruído, lixo e diversos danos. Ademais na zona histórica, onde se sitúan os locais de ocio nocturno, denuncian a aglomeración de persoas na rúa tras o peche dos locais.

Máis dunha ducia de denuncias por reunións de non conviventes fóra de horario e actas de denuncia por faltas de respecto á autoridade ou por ouriñar contra a catedral de Lugo son unha constante das fins de semana.

Noticias web

13/09/2021