CRTVG

Buscar

Prohibido o turismo de cruceiro: o sector fala de perdas millonarias

Publicado o 29/06/2020 14:46

Vanse abrindo as fronteiras por terra, e tamén nos aeroportos, pero polo de agora non se vai permitir que cheguen turistas de cruceiro. A prohibición publicouse esta fin de semana no 'Boletín Oficial do Estado', e non ten data para volver á normalidade.  O sector está preocupado e fala de perdas millonarias.

O Porto de Vigo cancelou máis de corenta escalas e a tampouco se producirán as 25 programadas ata final de ano. As grandes navieiras suspenderon todas as viaxes desde o comezo da crise sanitaria e as perdas son millonarias no sector.

Desde o Porto lamentan a situación e son conscientes das dificultades en caso dun contaxio a bordo.

A industria dos cruceiros reclama a equiparación coa apertura das fronteiras por terra e por aire onde xa están operando as compañías aereas. Os empresarios temen perdas noutros sectores como o comercio e a restauración das cidades que cada ano reciben milleiros de transatlánticos.

O Goberno central insiste en que a chegada de transatlámnticos suporía un risco que podería afectar o progreso realizado para conter a pandemia e polo momemto prohibiu este tipo de tráfco de xeito indefinido.

Noticias web

29/06/2020