CRTVG

Buscar

Prohibido falar de política no chat da parroquia de Areas

Publicado o 12/11/2020 20:42

A primeira regra é non falar de política, dado que a educación e o respecto xa se dan por supostos. Tampouco se recomenda dar as grazas, para non facer longas cadeas coa mesma mensaxe.

Cando a xente se cruzaba nos camiños, os avisos multiplicábanse na parada de autobús. Agora só algún romántico emprega este taboleiro. Toda a parroquia está en liña, mesmo aqueles que non usan a mensaxería dixital.

Hai poucos días, unha usuaria relatou que lle roubaran o bolso no aparcadoiro dun supermercado e puxo en alerta toda a súa veciñanza.

Porque do que se trata é de compartir informacións útiles para a seguridade de todos.

O presidente do colectivo veciñal creou o grupo hai case tres anos e xa conta con 130 participantes.

Noticias web

12/11/2020