CRTVG

Buscar

Prohibidas manifestacións de máis de 500 persoas en Madrid o 8-M

Publicado o 24/02/2021 15:23
Prohibidas manifestacións de máis de 500 persoas en Madrid o 8-M

Achégase o 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, e as plataformas feministas empezan a organizar mobilizacións.

Para evitar aglomeracións como as do ano pasado, a comisión convocante aposta por tomar as rúas durante esa xornada, pero con accións descentralizadas en que se garanta a distancia de seguridade.

O delegado do Goberno en Madrid, José Manuel Franco, xa anunciou que non vai autorizar ningunha manifestación con máis de 500 persoas.

Noticias web

24/02/2021