CRTVG

Buscar

A Xunta prohibe as queimas forestais e as barbacoas no monte galego

Publicado o 25/03/2019 22:17

Medio Rural avalía o tempo. Non se prevé chuvia polo menos nun par de semanas e espéranse dias de vento. Son as condicións máis favorables para que unha chispa prenda no monte, e un factor de risco para os que realizan as queimas.

O director xeral de Defensa dos Montes, Tomás Fernández, asegura que a prohibición de facer queimas de rastrollos e barbacoas permanecerá ata que cambie o tempo.

A prohibición esténdese aos permisos xa concedidos. Carecen de validez dende primeira hora deste luns. Tomás Fernandez di que os que incumpran esta prohibición arríscanse a importantes sancións económicas. A consellería manterá activado o telefono gratuíto 085 para que calquera particular poida chamar en caso de detectar algún incidente.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2019