CRTVG

Buscar

Prohibidas as celebracións na Porta do Sol de Madrid durante as badaladas

Publicado o 30/12/2020 16:30

Se mañá non se pode, algúns decidiron adiantar a celebración. Ás doce do mediodía do trinta para eles é xa a entrada do novo ano.

É o que levan por diante. Porque dende esta mesma noite non se poderá acceder á Porta do Sol. Quedará establecido un dobre perímetro de seguridade que mobilizará 200 axentes municipais con reforzo tamén da Policia Nacional.

Ás doce da noite do 31 soarán as badaladas. Antes, un único acto para que estean en marcha os preparativos. Un miniconcerto de Nacho Cano, sen público, para homenaxear as vítimas da pandemia.












 

Noticias web

30/12/2020