CRTVG

Buscar

Prohibida a exhibición e a venda ambulante de animais, segundo a nova lei galega

Publicado o 11/01/2018 09:42

Hoxe entra en vigor a Lei de protección animal de Galicia. Unha norma pioneira na defensa dos seus dereitos. Medidas que recolle.

Manter un can atado á porta dunha casa está prohibido. Será multado con ata 5.000 euros. Impídese o uso de utensilios ou mecanismos que produzan dano, dor ou sufrimento. Utilizar animais en circos tamén está sancionado. Con ata 30.000 euros de multa. Queda ademais prohibido exhibilos en escaparates, a compra venda ambulante de animais de compañía e o sacrificio dos mesmos.

Matalos está multado con ata 30.000 euros e hai que contar coa prescrición dun veterinario para facelo.Tamén está prohibido recoller animais vagabundos e darlles de comer.Por último, o chip é obrigatorio. Que un animal non estea identificado conleva unha sanción de 500 euros.

A Lei de protección animal determina:

- Non poden estar atados permanentemente: ata 5.000 euros

- Circos sen animais silvestres: ata 30.000 euros

- Prohibida a exhibición en escaparates, a venda ambulante, o sacrificio: ata 30.000 euros

- Chip obrigatorio: 500 euros

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2018