CRTVG

Buscar

Prohíbese a queima de restrollos en Galicia a partir deste venres

Publicado o 18/03/2021 12:01
Prohíbese a queima de restrollos en Galicia a partir deste venres

A queima de restrollos en leiras ou terreos agrícolas quedará prohibida a partir deste venres en Galicia para evitar a proliferación de incendios forestais, segundo anunciou a Consellería do Medio Rural.

A prohibición entrará en vigor ás 00:01 horas do venres, o que supón tamén que deixa en suspenso os permisos concedidos con anterioridade, subliña o citado departamento da Xunta.

Destaca que esa decisión foi adoptada tras analizar a "evolución da situación meteorolóxica" e os "diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume".

Unicamente quedará excluída desa prohibición a queima efectuada por axentes do servizo de prevención de incendios forestais dependente da Xunta.