CRTVG

Buscar

Prohíbenlle achegarse á muller á que supostamente agrediu en Ourense

Publicado o 29/08/2019 14:35

Quedou en liberdade un home ao que prenderon por, supostamente, agredir unha muller en Ourense.
Iso si, o xuíz prohibiulle achegarse e comunicarse coa vítima. O home é senegalés. A muller axudábao e deixábao durmir no seu domicilio porque non tiña recursos. Parece ser que despois dunha forte discursión saíu espida do domicilio e cun coitelo de grandes dimensións nas mans berrando auxilio. Durante a inspección na vivenda os axentes observaron varias pertenzas desfeitas. A muller foi trasladada ao centro médico e dada de alta.

Noticias web

29/08/2019