CRTVG

Buscar

Prohíbenlle a Loterías e Apostas do Estado vender décimos na web

Publicado o 12/04/2019 07:46

Loterías e Apostas do Estado non poderá vender décimos na súa web, por ser competencia desleal con respecto ás administracións. Dítao un xulgado madrileño, que estimou parcialmente unha demanda por unha plataforma que integra 200 loteiros de toda España.

Segundo os denunciantes, a prohibición de venda de Lotería Nacional debería estenderse a todos os establecementos que non son as administracións tradicionais.

A sentenza só afecta o décimo tradicional, que dende 2015 vende directamente na súa web a sociedade pública.



 

Noticias web

12/04/2019