Telexornal Serán
Programas para fomentar o emprendemento no rural
Publicado o 05/03/2018 21:15
Para fomentar o emprendemento no rural, pequenos municipios ofertan a un prezo simbólico niños, espazos de traballo en viveiros de empresas. É o caso do concello de Barbadás onde xa atopou o seu oco unha muller autónoma que se dedica ás limpezas.
Susana Rivero montou hai un ano unha empresa de limpezas que lle vai moi ben. Malia que a maior parte do día pásao fóra, limpando, precisaba unha oficina atopouna aquí, nun niño do Centro Transfronteirizo de Barbadás.
Paga dez euros ao mes. Quedan dous niños baleiros. O único requisito é estar empadroado no concello de Barbadás.
Novos proxectos empresariais que poden saír adiante dun xeito máis doado ao non ter que pagar alugueiro nin gastos.