CRTVG

Buscar

Programación especial Eleccións en Cataluña 14-F

Publicado o 14/02/2021 09:28

Programación especial que arranca con este Bos Días pero que vai continuar ao longo da xornada. No Telexornal mediodía e no serán darase conta de como se están a desenvolver as votacións, se hai ou non incidencias e tamén das conferencias de prensa do Goberno catalán cos datos de participación.

Xa a partir das oito menos cinco da tarde, nun programa especial das eleccións catalás, o xornalista Carlos Amado, acompañado de varios analistas políticos, tomarán o pulso da actualidade a partir do peche dos colexios electorais. Avaliarán as enquisas, os primeiros datos a pé de urna, e o avance do escrutinio.

E xa a última hora da noite, cando o resultado vaia tomando forma, teremos un adianto informativo, coas primeiras reaccións a estas eleccións que pasarán á historia en Cataluña. 

 

 

Noticias web

14/02/2021