Profesores de autoescola inician en Vigo unha folga para denunciar precariedade laboral
Publicado o 12/08/2021 16:11
Os profesores de autoescola da provincia de Pontevedra iniciaron hoxe unha folga de 6 días para reclamar a negociación dun convenio provincial.
Os traballadores xuntáronse dende ben cedo en Samil. A partir das 11 e media emprenderon a marcha e protagonizaron unha caravana coa que provocaron retencións no centro da cidade. Percorreron as principais autoescolas para denunciar a precariedade laboral en que se atopan, e remataron cunha concentración ante as oficinas de Tráfico.
Quéixanse de soldos baixos, longas xornadas e pouco descanso. Os profesores de autoescola reclaman a negociación dun convenio provincial para frear, din, as prácticas abusivas do sector.