CRTVG

Buscar

Profesionais e alumnos de once escolas compiten nos campionatos de baristas de Foz

Publicado o 13/02/2020 14:09

Profesionais e alumnos de once escolas de hostalería compiten nos campionatos de baristas que o instituto de Foz celebra dende hai trece anos. Tralas probas de catas, é a quenda da elaboración de expressos, capuchinos ou cócteles.

"Vixeron esolas de Galicia, Asturias, Cantabria, o País Vasco e Castela-León, contre trece participantes. Fixeron probas de catas, unha proba dunha cata brasileira, outra de sabores básicos, outra de aromas e mais un test con preguntas sobre o café e demais. E hoxe estamos no campionato de baristas de escolas, en que participan once escolas cuns representantes que teñen que presentar ante un xuíz catro expressos, catro capuchinos e catro cócteles con ou sen alcol", di Xosé Ríos, coordinador dos campionatos.

"É a primeira vez que me presento a un campionato, para canto máis internacional. Fíxeno no de cata de escolas, competín na casa e tiven catro probas, unha de teoría, unha cata brasileira de cafés, a cata de augas e unha proba de aromas", conta Iria Pardo, participante no campionato de cata de cafés.

No campionato de baristas, o xurado valora todos os detalles, dende a presentación ata a calidade do café, con especial atención ao aroma e ao sabor. No caso do capuchino, tamén teñen en conta a elasticidade e mailo brillo da crema.

"É dicir, todos os matices que pode ter un café, como son o sabor, o aroma, a crema, a persistencia en boca... Un pouquiño todos eses matices que nos pode dar nunha taza. Ao final é, digamos, traer unha cafetería cara ao público", afirma Ríos.

Os últimos campionatos serán os dos profesionais. Concorrerán oito no primeiro certame internacional de cata e catorce no de baristas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2020