CRTVG

Buscar

Profesionais da banca denuncian o abuso das horas extraordinarias

Publicado o 22/06/2019 17:52

Manifestación en Compostela para reclamar a implantación do rexistro de xornada no sector barcario. Varios centos de persoas, convocadas pola CIG, saíron á rúa para denunciar o abuso das horas extraordinarias nas entidades financeiras.

Segundo o sindicato, son milleiros de horas ao ano que non cotizan, nin tributan e soterran uns 8.000 postos de traballo. Pídenlle á patronal que cumpra a lei e aplique xa o sistema de rexistro laboral para rematar, denuncian, coa prolongación sistemática da xornada neste sector.

Noticias web

22/06/2019