CRTVG

Buscar

Profesionais do turismo analizan os retos do sector tras a crise sanitaria

Publicado o 30/06/2020 21:12


O turismo comeza a moverse. Así o afirman os asistentes ao Encontro Profesional de Turismo que se celebra na Coruña. Sinalan que as reservas hoteleiras van aumentando progresivamente e confían nas de última hora. Con todo recoñecen que o xeito de facer turismo, polo menos este ano, vai cambiar

 "O comportamento dos viaxeiros vai cambiar, vai haber moita máis xente que veña en coche. Por iso o turismo de proximidade é tan importante porque se manexa máis ou menos nun radio de catro ou cinco horas en coche, por iso norte de Portugal, pero tamén Castela e León, Asturias, Cantabria", afirma a xerente do Consorcio de Turismo da Coruña.

Os profesionais do sector calculan que, se todo vai ben, a recuperación do turismo non se vai sentir ata o ano que vén.

Neste congreso da Coruña estanse a abordar a situación e os retos do sector turístico tras a crise sanitaria. É ademais o primeiro que se celebra en España cos novos protocolos do Instituto para a Calidade Turística por mor da Covid-19

Noticias web

30/06/2020