CRTVG

Buscar

Profanan sete tumbas nun cemiterio de Ribeira

Publicado o 15/02/2021 21:24

O cemiterio de Castiñeiras é hoxe un ir e vir de policías e veciños. Sete nichos apareceron abertos e varios ataúdes e restos mortais esparexidos polo chan. Tan pronto unha veciña deu a voz de alarma, numerosas persoas concentráronse ás portas do camposanto para saber se algún dos nichos afectados era da súa familia. Os axentes cren que unha das tumbas corresponde a unha persoa que puido ser enterrada con algún obxecto de valor.

Ducias de persoas amoreábanse este luns ás portas do cemiterio do Bo Pastor, na parroquia ribeirense de Castiñeiras. Alguén profanou sete tumbas. E polo chan estaban esparexidas as caixas e os restos mortais.

Unha das hipóteses que baralla a policía é a do roubo. Cren que unha persoa puido ser soterrada a semana pasada con algún obxecto de valor. Pero para os veciños, nada disto ten sentido.

O cura da parroquia di que os profanadores romperon tamén as portas da capela do cemiterio.

Noticias web

15/02/2021