CRTVG

Buscar

Profanan as tumbas de Pablo Iglesias, fundador do PSOE, e da Pasionaria na Almudena

Publicado o 11/02/2019 23:28
Profanan as tumbas de Pablo Iglesias, fundador do PSOE, e da Pasionaria na Almudena

As sepulturas do fundador do PSOE, Pablo Iglesias, e da dirixente do Partido Comunista Dolores Ibárruri, "A Pasionaria", no cemiterio civil da Almudena, foron profanadas hoxe ao ser impregnadas con pintura, a mesma sorte que correu o monumento dedicado aos caídos da División Azul.

Fontes da Xefatura Superior de Policía de Madrid indicaron que a empresa municipal de seguridade do cemiterio foi quen alertou das pintadas que apareceron este luns nestes monumentos funerarios. Segundo publica hoxe o diario El País, na parte católica do cemiterio da Almudena tamén apareceron bandeiras republicanas pintadas de negro no muro que lembra as chamadas Trece Rosas.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, publicou un chío ao respecto onde afirma que hai "140 anos, Pablo Iglesias fundou o PSOE para defender desde a política a liberdade, a solidariedade, a igualdade e a xustiza social. A súa memoria guía hoxe o traballo de miles de socialistas. Seguiremos loitando cada día polos nosos valores. Son máis necesarios ca nunca".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019