CRTVG

Buscar

Vilardevós fai exquisiteces ecolóxicas con castañas e boletos

Publicado o 18/11/2019 21:19

Presentámoslles agora unhas exquisiteces feitas con castañas e boletos producidos de xeito ecolóxico en Vilardevós. É Souto da Trabe, un proxecto de transformación agroalimentaria que emprenderon dúas irmás tras deixar os seus traballos na cidade. Unha aposta polo desenvolvemento rural.

Castaña en almibre, marmelada da castaña e cabaza, crema de castaña con boletos... son só algunhas das delicatessen de Souto da Trabe. Ecolóxicas e feitas con moito agarimo.

Chus e Raquel, irmás, traballaban nunha oficina, na cidade, pero apostaron por un proxecto en que o negocio da transformación dos froitos dos bosques queda na aldea de Vilardevós en que naceron.

Puxeron en valor os castiñeiros herdados da familia e plantaron outros novos micorrizados con boletus edulis. Así, os produtos que empregan nas súas receitas prodúcenos e procésanos de xeito sostible elas mesmas.

Exquisiteces feitas na Trabe que chegan a establecementos e feiras gourmet de toda España.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019